Sunday 19 de May de 2024

Susana García clausura o curso de Atención Sociosanitaria para Persoas Dependentes en Institucións Sociais


Susana García, concelleira de Benestar Social do Concello de Ordes, fixo entrega dos certificados do curso de Atención Sociosanitaria para Persoas Dependentes en Institucións Públicas. Nel participan un total de 15 alumnas, ás cales se lles impartiron tanto coñecementos teóricos como prácticos durante 478 horas. Un proceso formativo que se completou coas prácticas realizadas en distintas residencias e institucións. Susana García convidou a todas elas “a facer uso dos sitemas de promoción do empregos dos que dispón o Concello de Ordes, tanto para deixar os currículos como para calquera outra suxestión que teñan que plantexar”.